Chegou maio e con el a visita anual do alumnado de 2º da ESO
a Celanova, actividade organizada polos departamentos de Lingua Galega e de
Música.
Este ano foi moi especial por varias razóns.
Ademais da visita á Casa dos Poetas,
ao Mosteiro de San Rosendo
e á capela de San Miguel,
de participar nos concertos didácticos de órgano
e
de facer o roteiro literario arredor dos poetas Curros Enríquez e Celso
Emilio Ferreiro,
vivimos dous acontecementos extraordinarios:
ao Mosteiro de San Rosendo
e á capela de San Miguel,
de participar nos concertos didácticos de órgano
vivimos dous acontecementos extraordinarios:
En primeiro lugar , a celebración do 10 aniversario da
visita do IES de Rodeira a Celanova, que incluíu recibimento e discurso de agradecemento do
alcalde e torta de chocolate para todos na horta da casa natal de Curros.
En segundo lugar, o encontro entre a nosa profesora de
música, Raquel Sestelo, coa súa profesora de órgano, Marisol Mendive ,
ensinante deste instrumento no
Conservatorio Profesional de Ourense e alma máter dos concertos didácticos de
órgano en Celanova. O Conservatorio de Ourense é o único centro de Galicia no
que se imparte a especialidade de órgano, ensinanza que se implantou no 2004;
desde o ano 2008, Marisol Mendive tivo a idea de organizar os concertos
didácticos para divulgar este instrumento tan interesante e tan descoñecido
para o público en xeral.
Este marabilloso encontro proporcionounos dous momentos
inesquecibles: Raquel Sestelo tocou o órgano para acompañar ao alumnado que
interpretaban a Xarabanda de Händel coas súas frautas. E ademais, ela mesma,
profesora superior de canto, titulada
polo Conservatorio Superior de Música de Vigo, interpretou para nós
a aria “Lascia qu’io pianga” ( “Deixa que chore”), pertencente á ópera
Rinaldo de Händel, acompañada ao órgano por Marisol Mendive. Foi un momento
máxico!
A visita a Celanova nunca nos decepciona e os acontecementos tan excepcionais deste ano regaláronnos un día cheo de fermosas emocións.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?