3.5.17

EXCURSIÓN Á COIMBRA



Os alumnos e alumnas de 1º Bacharelato fomos de excursión a Coimbra. Nada máis chegar comezamos a visita pois xa nos estaba esperando Liliana, quen ía ser a nosa guía en portugués, nativa de Coimbra polo que nos dixo. Visitamos o Museo Machado de Castro, onde nos foi explicando de vagar todo o que iamos vendo. Rematada a visita ao museo, que queda na parte alta da cidade, baixamos camiñando polas rúas máis antigas e turísticas de Coimbra, onde vimos moitos edificios emblemáticos ( a catedral vella, a casa de Xosé Afonso...). Tamén puidemos asitir a un local para escoitar fados. E, como non, visitamos a súa sonada Universidade, percorremos as diversas salas que ten, e gozamos das marabillosas vistas que desde ela se ten a cidade. Alí vimos a un grupo de estudantes que acababan de graduarse e estaban vestidos cos seus traxes típicos e celebrando os seus ritos de licenciados. Pasamos a noite na Pousada de juventude aínda que moito non durmimos. En Coimbra puidemos comprobar como o galego nos permite a comunicación cos portuguesese portuguesas.





No comments:

Post a Comment

e ti que dis?