Comezamos a celebración das Letras Galegas coa
cita anual do Correlingua, defendendo O GALEGO SEN CANCELAS. Celebrámolo en
Moaña cun gran éxito de participacion: case 3.000 escolares de 22 centros da
comarca do Morrazo! E Rodeira non podía faltar. Saímos do instituto ás 10 da
mañá perfectamente concienciados da nosa responsabilidade de falar en todo
momento en galego pois iamos ser o modelo a seguir para o alumnado máis novo.
Cos lemas escritos nas nosas camisetas azuis e coas chapas, chegamos para
botar unha man coa organización dun acto tan multitudinario.
O alumnado de 4º e Bacharelato acompañou a
marcha do alumnado de primaria desde a Xunqueira ata a praza de abastos.
O alumnado dos equipos de 1º, 2º e 3º da ESO
animou a cantar en galego e a bailar ao alumnado de infantil mentres
esperabamos a chegada da marcha.
Xa todos e todas xuntos demos lectura ao
manifesto.
A festa rematou cun concerto de Pablo Díaz
para todo o alumnado de infantil e primaria.
Rematado o traballo, o noso alumnado puido gozar dun tempo de lecer compartido facendo novos amigos e amigas doutros institutos de Cangas e Moaña: a Paralaia, o María Soliño e as Barxas.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?