16 years ago
29.11.21
CONCURSO DE MÚSICA: PEIXE, Xisco Feijóo
Hoxe presentamos a canción que dá nome ao último disco do vigués Xisco Feijóo, Peixe. É un artista polifacético que combina o seu labor musical coa docencia na Escola Municipal de Vigo de Música Folk e tradicional (ETRAD). Ademais, está considerado un grandes referentes da etnografía galega polos seus máis de trinta anos de incesante traballo de recuperación musical.
Que xa vos soaba Xisco Feijóo? Pois claro. Foi o bailarín que protagonizou o videoclip da canción Midas do grupo Tanxugueiras.
O luns, máis.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?