Celebramos este día cunha recomendación: Plasticus maritimus, guía creada e publicada en portugués a partir do traballo da bióloga Ana Pêgo, con ilustracións de Bernardo P.Carvalho e texto de Isabel Minhós Martins, que vén de publicar Kalandraka traducido ao galego por Celia Recarey.
Trátase dun proxecto de uso sensato dos plásticos, que xa tivo moi boa acollida en
Portugal no ano 2018, cando se editou alá por primeira vez, non só entre as
crianzas, o público preferente ao que vai dirixido. A obra deu a posibilidade
de facer chegar información sobre este tema, motivando as persoas a faceren
mudanzas individuais e a crer na utilidade destes pequenos actos que, segundo
reivindica a bióloga, teñen tamén o potencial de contaxiar máis alá das propias
mans a familia e amizades.
O libro inclúe unha guía práctica para recoller plásticos na praia, desde botellas e bolsas a outros obxectos máis estraños, como lancetas de pesca ou puntas de parasol. Estas son mostras do que deu en chamar "plasticus maritimus, unha especie que presenta todas as características dunha invasora", explica, deixando abrollar a súa formación de bióloga mariña.
16 years ago
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?