Malia a estado de alarma, o Enreguéifate botou a andar este ano
para animar a pequenos/as e maiores a pasar o tempo agudizando o enxeño a
través da arte da regueifa.
Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames,
Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión
da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio
dela, á promoción do uso da lingua galega. Aínda que houbo que renunciar aos obradoiros, mantense o concurso de vídeos regueifando. Está aberto o prazo ata o 29 de maio. Anímate!
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?