Comezan un novo curso os encontros para asistir a espectáculos en galego. E facémolo cunha obra de teatro, Invisibles, que aborda a problemática da violencia de xénero. Baixo a dirección de María Bañobre lévanse á escena historias de mulleres reais recollidas pola escritora e xornalista Montse Fajardo na obra homónima. A
obra, coproducida por Redrum Teatro, o Centro Dramático Galego, a
Concellería de Igualdade de Pontevedra e a Deputación da Coruña,
recibiu tres galardóns nos XXIII Premios de Teatro María Casares
nas categorías de mellor dirección, iluminación e
adaptación-tradución. Conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra polo que a entrada será de balde. Quedamos na porta do Auditorio ás 21:00h do próximo sábado 21!!!
16 years ago
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?