5.6.19

CONTAXIANDO O COIDADO DO PLANETA

Este é o lema do Día do Medioambiente, que se celebra hoxe, día 5 de xuño. O noso instituto está a colaborar cun proxecto de  sensibilización e educación ambiental na Mancomunidade do Morrazo que se está a desenvolver nos concellos de Bueu, Cangas, Moaña en colaboración coa organización ecoloxista Amigos da Terra, enfocado á minimización de residuos, á mellora dos recursos naturais e ao fomento dun consumo responsable.

Dentro do seu programa de ensino, impartiuse no instituto o obradoiro de concienciación “Descubrindo os microplásticos” que consistiu en detectar a súa presenza na praia de Rodeira e facer una catalogación da súa orixe.


Tamén en colaboración co Concello o alumnado de 4º foi coñecer o EDAR onde aprenderon a importancia de non verter polo fregadeiro aceite e non utilizar o váter coma papeleira (prohibido tirar toallitas, sexan biodegradables ou non, bastonciños, discos desmaquillantes, etc.). 





E ao centro de compostaxe onde aprendemos que o lixo orgánico se aproveita de mellor forma transformándoo en compost que tirándoo ao contedor verde. Reutilizar é a mellor maneira de coidar o planeta.



No comments:

Post a Comment

e ti que dis?