7.11.18

CUN CIENTÍFICO GALEGO DO CERN

Coñecemos a Miguel Ramos Pernas, físico galego do CERN, nunha charla que nos veu dar ao instituto na celebración do Día da Ciencia en galego. Este científico, duns trinta anos, estudou a carreira de Física na Universidade de Santiago onde está a preparar a súa tese traballando para o CERN, a organización europea para a investigación nuclear, que ten a súa sede en Xenebra. Alí coñeceu moitos investigadores galegos cos que emprega o galego como lingua habitual de comunicación. A nosa lingua chega a todas partes e é tan válida como calquera outra para todos os asuntos, tamén para falar da física de partículas.



No comments:

Post a Comment

e ti que dis?