21.9.18

Na butaca [Fantasía nº3 en Dor Maior]


Cita teatral no Auditorio de Cangas mañá sábado, na celebración do Día dos enfermos e enfermas de alzeimer. É unha peza poética que, dende un punto de vista optimista, aborda unha temática que por desgraza a moitos nos toca de cerca: a das persoas que sufren demencia senil ou alzheimer. A obra, partindo da idea do vivir no presente dunha personaxe sentada na butaca e esquecida -perdida do seu pasado e do seu futuro, tamén- achéganos a unha realidade que por veces nos amosa paz e outras anguria; felicidade ou rabia.
 

En escena: Pepa Barreiro e Peter Jensen Velpister.
Texto e dirección: Esther F. Carrodeguas




No comments:

Post a Comment

e ti que dis?