27.3.17

Normalizar a DIVERSIDADE, chave da IGUALDADE

Nestas semanas últimas deste segundo trimestre, a nosa lingua converteuse en ferramenta da reflexión sobre a normalidade da DIVERSIDADE. Partimos dun divertido experimento nas aulas de plástica: grupos de catro co mesmo papel branco e as mesmas cores e pinceis... e o resultado foron fermosas pinturas abstractas todas diferentes que encheron os taboleiros laterais dos corredores para reivindicar que a IGUALDADE de oportunidades agasállanos coa riqueza da DIVERSIDADE. O mundo é de natural diverso en linguas, en culturas, en maneiras de pensar e de opinar, en gustos, en cores de pel ou de cabelo, en tamaño de pés, en flora e en fauna... 




Este ano quixemos facer fincapé dun xeito especial na diversidade que tamén existe na identidade sexual, familiarizándonos coa realidade trans e tamén coa intersexualidade ou as diferentes orientacións sexuais... 







O galego reivindica estes días desde os corredores do instituto e desde o debate nas aulas unha escola libre de calquera tipo de discriminación e aberta á riqueza da diversidade nas súas facetas máis diversas.

No comments:

Post a Comment

e ti que dis?