29.4.15

CHÁMOME JENNYFER LORENA E SON DE GUATEMALA


da zona de Peten, ao norte, limitando con México. PETEN ten moitos atractivos turísticos como as ruínas de TIKAL, pirámides da época maia, cultura anterior á chegada dos españois.

O clima favorece a chegada de turistas xa que todo o ano vai calor. Unha zona moi bonita para bañarse é o RÍO DULCE, en San Marcos, a tres horas de onde está a miña casa, pero hai zonas prohibidas porque pode aparecer algún tiburón. Tamén é moi bonita a paisaxe  do LAGO de ATITLÁN en San Pedro co VOLCÁN PACAYA ao fondo ou pasear pola que chamamos  ANTIGA GUATEMALA.

En canto á gastronomía, temos COCIDO coma vós pero o noso é moi diferente ao galego porque só leva unha clase de carne, moitas verduras como zanahoria, mazorca de millo moi tenra, pemento, guisquil (que se parece ás patacas pero  é doce) e acompáñase con  arroz.

En vez de pan nós comemos tortas de millo. No Nadal , son típicos os TAMALES, feitos de millo con moitas especias. No medio dun poco de masa leva un anaco de carne e mollo picante, enrolado en follas de plátano.

Tamén é unha celebración típica o día dos mortos, o 1e2 de novembro : vaise ao cemiterio e cómese FIAMBRE, prato preparado cos mellores embutidos, carnes, queixos  e vegetais frescos. 


Tamén comemos tacos, diferentes ao mexicanos e torradas que tampouco son como as vosas, e sempre con picante; en Guatemala non hai unha comida que non o leve.

Ademais do español, en Guatemala, mantéñense vivas moitas linguas moi antigas, de orixe maia, unha diferente en cada departamento. Onde vivo eu, en Peten, fálase queqchi.



No comments:

Post a Comment

e ti que dis?