O concurso-exposición do Samaín está a ser todo un éxito grazas á colaboración de profesorado e alumnado. As cabazas tiveron un espazo destacado pero houbo catro máis en torno ás historias tradicionais asociadas ao poder escuro dos catro elementos básicos: auga, lume, terra e aire, nos que, xunto á información escrita, reproducimos os personaxes a tamaño real.
AS CABAZAS
No centro da exposición tivemos dúas fermosas cabazas talladas por dous alumnos de 1º de ESO que obtiveron premio no concurso. Tamén houbo un mural cunha grande cabaza e outra feita en papel pero chea con bolsas de lixo para darlle volume. Xunto a elas carteis explicativos da tradición celta do Samaín e do costume de taller e acender cabazas esa noite.
- No espazo dedicado ás forzas do LUME montouse un aquelarre con tres bruxas arredor do lume.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?