20.5.16

ROTEIRO LITERARIO POR CELANOVA


Na Casa dos poetas, o alumnado de 2º da ESO puidemos achegarnos á experiencia vital de CURROS ENRÍQUEZ, percorrendo a casa na que viviu de neno ata que os problemas co seu pai fixeron que marchase e se instalase en Madrid. Soubemos dos poemas cos que gañou un concurso poético en Ourense: "O gaiteiro de Penalta", "Unha voda en Einibó" e "A Virxe do Cristal" e observamos nunha maqueta onde están estes lugares, moi próximos a Celanova. A Casa, convertida en museo, garda obxectos persoais como os seus anteollos e textos manuscritos que o seu pai, que era escribán, lle facia copiar. Tamén está súa obra: Aires da miña terra e O Divino sainete, que lle trouxeron tantos problemas coa igrexa, cuxa opulencia criticaba. Curros marchou vivir para a Habana. Foi un poeta pobre pero moi querido polo pobo. Vimos a coroa de loureiro e carballo da súa homenaxe na Coruña e tamén as fotos do seu multitudinario enterro e a primeira bandeira de Galiza que envolveu o seu féretro na viaxe da Habana a Galiza. 

Percorremos tamén o Mosteiro de Celanova, o seu claustro, onde comemos, refuxiándonos da calor exterior, a súa igrexa, o pequeno tesouro da capela mozárabe de San Miguel e  tambén a biblioteca do instituo de Celanova, situado no propio mosteiro. Na praza, despois de comer, lemos algúns poemas representativos da obra de Curros como A Igrexa fría.

Tamén era de Celanova, o poeta CELSO EMILIO FERREIRO e visitamos no mosterio o Arquivo, un lugar de difícil acceso porque os monxe medievais gardaban alí os libros que copiaban a man, o seu maior tesouro. Foi tamén onde encerraron a Celso Emilio, denunciado por uns veciños por criticar o réxime franquista. Alí escribiu o primeiro poema do seu libro máis emblemático, Longa noite de pedra, que Uxía leu para nós. Os seus versos describen moi ben como o ambiente desta habitación toda de pedra e á que só se pode acceder por un estreito balcón se identifica cos sentimentos do poeta que teme pola súa vida despois de traizón sufrida.

O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenetras
o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as olladas,
son de pedra.
Os corazóns dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.

O percorrido rematou na biblioteca, onde lemos outros poemas de Celso Emilio




  










No comments:

Post a Comment

e ti que dis?