13.5.16

ESPALLANDO VERSOS DE MANUEL MARÍA


 Desde a volta de vacacións de Semana Santa, nas aulas de galego fomos seleccionando os nosos versos de Manuel María preferidos. Con todos eles fixemos unha presentación. Uns días antes do 17 de maio, saíumos ás rúas de Cangas para colocalos en todo tipo de establecementos. Debiamos falar en galego cos encargados dos locais e solicitar o seu permiso. Custounos ao principio vencer a vergoña pero axiña collemos confianza e enchemos o centro de Cangas de follas de cores plastificadas cos seus versos. Gustounos moito a actividade e valeunos para observar e reflexionar sobre os prexuízos lingüísticos xa que algunha xente maior sorprendíase de escoitarnos falar en galego e mesmo algún tratou de convencernos de que así non chegariamos a ningunha parte. Estas actitudes axúdanos a entender que a xente nova falando galego con normalidade é o mellor xeito de superar prexuízos e avanzar na normalización do galego.


No comments:

Post a Comment

e ti que dis?