Non quería a chuvia
que os centros do Morrazo celebrásemos este ano a Festa da Lingua. Mais non nos
demos por vencido e desfiamos as negras nubes da mañá e acabamos gozando do
sol. O alumnado de dinamización de 1º e 2º da ESO dirixiu e animou os xogos dos
máis pequenos e o resto acompañamos a marcha polas rúas de Cangas detrás da
pancarta “O galego está en nós”. Logo veu a lectura do manifesto na que participaron Tomás e Rubén e a actuación
de GramolaGominola. Pechamos o acto cantando os poemas “O cuco” e “Galiza” de
Manuel María. Unha gran festa. Parabéns a cantos axudastes a organizala e a todos os coles e institutos participantes.
15 years ago
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?