A cachiza é un xogo popular que
consta dun pau longo e outro máis pequeno con punta nos extremos, a cachiza. O
gañador da nosa competición foi Brais Ruíz, de 2º da ESO. O número de xogadores
é infinito e pódese xogar nunha pista de terra. Hai cinco roldas nas que os
xogadores levantan a cachiza que está no chan co outro pau e, xa no aire,
danlle un segundo golpe que o lanza a distancia. intentando chegar cun mínimo
número de lanzamentos ata unha zona delimitada. O primeiro en chegar en cada
rolda gaña 5 puntos. o segundo, 4… e vanse sumando os puntos. Aprendéronnos así
un xogo do tempo dos nosos avós, unha divertida
forma de entreterse e facer exercicio para a que só precisas elementos
da natureza.
15 years ago
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?