Reunímonos
no patio para celebrar a festa do 17 de maio pero tamén de todos os días do ano
nos que facemos do galego unha lingua viva, na que falar, escribir, cantar,
berrar, tuitear ou whasapear.
Convocounos
o orgullo por termos unha cultura propia que resistiu os momentos máis duros e
instaurou, en pleno franquismo, a festa das Letras Galegas no aniversario da
publicación dos Cantares de Rosalía. E
desde entón cada ano afirmámonos na nosa identidade propia reencontrándonos
cunha figura destacada no compromiso coa nosa lingua e cultura. Este ano foi,
é, o poeta MANUEL MARÍA.
Manuel María –xa o sabedes- é o meu nome
feble, corto, esguío e tan desamparado
que sempre o usei sen apelidos.
Un nome humilde como a brisa que fai
ondear as centeeiras, unha folerpiña
de neve –un salouco só que o ar desfai que
non pode chegar ao chao sen derreterse.
Un nome como tantos, sinxelo e do pobo.
Moito
escribiu Manuel María: teatro, ensaio pero sobre todo poesía. Alumnado e
profesorado recitaron algúns dos seus versos para gañar unhas riquísimas
galletas que levaban o galego escrito na forma dun gran corazón.
Comezamos
coa poesía que Manuel María fixo para nenos e nenas. Porque el sabía ben que a
nosa lingua non se normalizará mentres non sexamos quen de transmitila de xeito
natural aos máis pequenos da casa, esa cadea que se rompeu no franquismo con
prexuízos absurdos que aínda non demos superado por completo. Para que poidan
ler, xogar e cantar en galego, para eles
escribiu Manuel María teatro infantil e tamén poesía. 1º ESO A rapeou “Señor
Gato”
Señor Gato:
atención;
no rincón
hai un
burato;
no burato
está o rato
caladiño,
acolchadiño,
sen falar
nen respirar.
1º ESO B
xogou recitando “A roda roda”
Están en corro as neniñas
formando unha
roda-roda.
E cantan esta canción
que nunca pasa de moda:
—Polo fondo do
mar,
matarilerile;
polo fondo do mar,
matarilerón
vai voando unha sardiña
cunhas
alas de latón.
A lingua
galega non é en Manuel María só un instrumento para escribir. O amor pola lingua, o desexo de que os
galegos e galegos nos sintamos orgullosos desta herdanza, a necesidade de
defendela e conservala enche os seus poemas. Un dos seus poemas máis coñecidos
é o poema “A fala” que recitou o alumnado de 1ºESO C e de 2º ESO.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
Non podemos lembrar que temos unha lingua só o
Día das Letras Galegas. Lía lémbrounos
que a nosa lingua ten que ser unha “Canción para cantar todos os días”.
O
idioma somos nós, povo comun,
vencello que nos xungue e ten en pé,
herencia secular de cada un,
fogar
no que arde acesa a nosa fe.
Manuel María medrou nunha ditadura que fixo
necesaria a poesía social, a rebelión
contra un sistema asfixiante, sen liberdades. A súa arma principal nesa loita
será a ironía. O Alumnado de 3º ESO recitou a “Teoría ético-poética ou poema
para non cheirar unha frol”. E o alumnado de 4ºESO A, “Bando”.
Prohíbese, por orde da Alcaldía,
que medren porque si
as rosas do xardín municipal.
Dende agora as pombas teñen
que pedir licenza para voar. ..
Pero as auténticas paixóns de Manuel María son a natureza, o contacto coa terra, dun home que se sentía labrego da Terra Chá, e o amor, sempre e por riba de todo, o amor. Manuel María foi deses afortunados que atopan o amor verdadeiro, ese que transforma e dá sentido á vida e á poesía.
Pero as auténticas paixóns de Manuel María son a natureza, o contacto coa terra, dun home que se sentía labrego da Terra Chá, e o amor, sempre e por riba de todo, o amor. Manuel María foi deses afortunados que atopan o amor verdadeiro, ese que transforma e dá sentido á vida e á poesía.
Só, de verdade, vale o amor vivido:
aquel que pode vencer a nosa dor
e liberarnos da nada e do olvido.
E xa para
rematar, o profesorado lembrou que no seu papel de transmisor de valores está o
de aprender ao alumnado a saber de onde vimos, a querernos a nós mesmos, a
afirmar os pés nas propias raíces para abrirnos desde quen somos á diversidade
cultural do mundo, recitando o poema “Galicia”.
Galicia somos nós:
a
xente e mais a fala.
Se
buscas a Galicia
en ti
tes que atopala!
Unha lingua
para falar aos nenos e nenas, na que xogar e cantar; unha lingua para berrar
contra as inxustizas e a falta de liberdade; unha lingua coa que defender a
natureza e o medio que nos rodea, unha lingua na que amar, unha lingua na que
sentirse dun pobo e dunha terra… este é o legado vivo de Manuel María que
celebramos.E invitamos a todos e todas os que comparten o amor pola nosa lingua
e cultura a facer un gran corazón humano no centro do patio.
E logo
pechamos o acto cantando o noso HIMNO.
E seguimosa festa con música, baile e xogos populares.
E seguimosa festa con música, baile e xogos populares.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?