Do 18 ao 22 de abril celebrouse, como cada ano
no IES de Rodeira, a Semana da Ciencia. Foi moito o alumnado e profesorado que
se achegou cada día durante os dous recreos para participar en diferentes
actividades e obradoiros, propostos e desenvolvidos desde os departamentos dando o papel protagonista ao alumnado.
Foi o mellor momento para invitarmos a toda a
comunidade educativa a reivindicar a necesaria presenza do galego na ciencia e
na tecnoloxía. Fixémolo desde un gran mural forrado con follas de libros de
texto en galego de matemáticas, física e química e tecnoloxía. Nas clases de
matemáticas construímos estreliñas en 3D coas que demos forma ás letras dunha
recreación da fórmula da Einstein.
Coa axuda do alumnado dos primeiros cursos da
ESO, o departamento de Bioloxía centrouse na botánica.
obradoiros botanica
from lingualiza
on Vimeo.
O departamento de matemáticas demostrou que a
verdadeira maxia está nos números. Os
trucos de maxia coas cartas feitos por dous alumnos maiores foron o prato forte
desta semana. A súa destreza e
habilidade, adiviñando cartas escollidas ao chou e números que pensabamos,
deixaron abraiados a profesorado e alumnado.
matemaxia from lingualiza on
Vimeo.
Unhas alumnas de informática de bacharelato
demostraron como os nosos ollos poden ver en tres dimensións imaxes planas a
través dunhas lentes especiais que as xuntan creando unha ilusión óptica.
Tamén puidemos saber, grazas ao alumnado maior
de física e química, que sucede cando botas ácido sulfúrico en azucre, como
queda un ovo despois de tres días en vinagre, como é o polietileno ao
desincharse botándoo en acetona… ou comprobar a tensión superficial da auga
cravando varios lapis nunha bolsa con auga sen que esta caia.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?