Comezamos a viaxe cara Portugal o día 27 de
abril ás 8 da mañá, aínda que tiñamos que estar diante da porta do instituto ás
oito menos cuarto. Logo de tres horas e media de viaxe chegamos á estación de autobuses de Viseu,
onde nos agardaba Ana, a guía portuguesa. Despois de presentarse visitamos a Cava de Viriato, un antigo campamento da época romana
posteriormente ocupado polos árabes, e logo subimos nun tranvía ata a parte
alta da cidade onde visitamos o Museo Grão Vasco, onde a guía nos explicaba os
detalles máis característicos da obra pictórica deste importante pintor
portugués do século XVI. Logo dun tempo de
lecer para o xantar, continuamos coas visitas polo casco histórico de
Viseu, entramos na Sé Catedral e no seu claustro, percorremos a Praza e a
Igrexa da Misericordia, a Praza de Don Duarte, a Praza do Rossío, e polo camiño
admiramos unhas "janelas manuelinas" e restos das portas e murallas
da vila. Despois doutro tempiño de descanso encamiñámonos á pousada para cear e
durmir, é un dicir.
15 years ago
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?