O alumnado de 1º de Bacharelato preparamos para
todos vós unhas xornadas sobre os Xogos Olímpicos. Sergio Martínez Cancelas,
Francisco Durán Casais e Iris Costa
Corrales realizaron unha rolda de prensa presentando as Xornadas que se
desenvolverán entre o 18 e o 22 de Maio como despois veu reflectido na prensa.
Xa podedes pasar a ver a exposición que homenaxea,
na parte central- decorada cun podio, unha piragua de verdade e os aros
característicos- os olímpicos do Morrazo, cun espazo destacado para os
olímpicos de Cangas, David Cal, Teresa Portela e Carlos Pérez Rial “Perucho”.
Nos corredores laterais percórrese a historia dos Xogos Olímpicos da Era
Clásica nun lado e na Era Moderna do
outro (orixes, competicións, vencedores, normas, o COI, carteis). Teremos tamén
interesantes charlas que organizamos nós, contactando cos relatores.
Encargarémonos ademais da presentación e da moderación do debate posterior. E,
por suposto, todo en galego.
15 years ago
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?