Do 28 ao 30 do mes de abril o noso instituto participou na XVIII Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo. Os cinco grupos de teatro que actuaron no IES As Barxas ofreceron a todo o alumnado do Morrazo as súas obras en galego. Volverán facelo para o público en xeral no Ciclo de teatro afeccionado, no Auditorio de Cangas, no mes de maio.
O noso grupo Faise o escuro representou O ladrón de palabras. Un grupo de intrépidos rapaces e rapazas deixan de estudar un aburrido exame de lingua para pescudar sobre unha sombra que vai roubando as letras e as palabras á xente. Tras descifrar o enigma, atopan o ladrón de palabras e conseguen atragoalo coas palabras máis longas que atopan no dicionario ata que promete devolver todas as palabras que roubou. Así descobren o útil que pode ser a lingua.
Acariñando os cabelos foi a outra obra dos maiores, alumnado e ex-alumnado de Rodeira que seguiron ensaiando con Juan no instituto, nha orixinal versión modernizada da Carrapuchiña Vermella.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?