Comezamos o
mes das Letras Galegas que este ano se dedican a un poeta de Guitiriz, DÍAZ
CASTRO. Xa tedes na exposición do centro moita información sobre a súa
biografía e as características da súa obra. Publicou un só libro de poemas en
galego Nimbos, na editorial Galaxia
que, co seu proxecto de recuperación da cultura galega, conseguiu romper o
silencio imposto pola ditadura de Franco
desde 1936 ata 1950. A súa
publicación, no 1961, causou unha gran conmoción literaria. Foi aplaudido por
unanimidade. A xente sorprendeuse porque Díaz Castro estaba traballando en Madrid
e non era coñecido entre a intelectualidade galega. Vaise creando un mapa de
afectos arredor del. Primeiro nos 60 e 70, despois nos 80 e 90, deixando
pegadas da súa obra en Manuel María, López-Casanova, Darío Xohán Cabana, Fernán
Vello, Ana Romaní ou Xohana Torres. Á altura dos anos 80 Díaz Castro xa era,
para os círculos literarios galegos, un clásico en vida, así respectado e
recoñecido unanimemente e, en consecuencia, a súa obra era antologada de xeito
reiterado, traducida a diferentes idiomas, estudada polos máis diversos
analistas e considerada como unha referencia indispensable en manuais e
historias da literatura.
O pasado, a infancia, é o paraíso perdido
son en Díaz Castro temas recorrentes. Mais a Historia está presente tamén a
través da referencias bíblicas, das referencias ao mundo clásico grecolatino,
as referencias aos pobos celtas e, por último, á historia última de Galicia. As
visións de Galicia que ofrece Nimbos son tres. Galicia é, en Díaz
Castro, cadro costumista, abeiro vital do poeta e patria asoballada e
maltratada. E esa é a faceta menos considerada pola crítica, a de poeta de
denuncia que arremete contra a pasividade da sociedade galega.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?