Como no proxecto Corasons, invitamos a todos e a todas a
buscar corazóns e a prestarnos un para encher a planta baixa do instituto de
pedra, vexetal, de tea, de papel....Préstanos calquera obxecto con forma de corazón. E se falamos de
inspirarnos nos mellores, inpirádevos nos poemas galegos de amor que encherán
os taboleiros para regalar palabras de amor en galego. Nas vosas fotos
dedicadas que faremos nos recreos na planta baixa e nas nosas mensaxes de amor.
A secretaría xeral de política lingüística convocou Lingua de namorar, un concurso de mensaxes de amor en galego (máximo
350 caracteres) con premios moi atractivos a partir de 14 anos ata 35. Procurade
as bases httpwww.xunta.es/linguagalega/arquivos/bases_lingua_namorar.pdf. Faremos
o concurso tamén no centro, sen límite de idade (a ordenador, 35o caracteres, a
man, unha cuartilla) e os nosos premios serán lambonadas en forma de corazón:
unha piruleta en forma de corazón por participar e premios ás mellores
mensaxes. Animádevos a participar
Hoxe celebramos a
Candeloria, a festa da luz e o día do amor nos antigos costumes galegos. Esta
festa ten as súas orixe nos cultos pagáns do ciclos estacionais, en concreto,
neste caso, na chegada da primavera, e con ela o renacer da natureza e o amor. Por
iso “a partir da Candeloria, ninguha ave
voa soa”. Como en boa parte é unha data ben axeitada para celebrar o amor e
a amizade. Por iso comezamos unha nova edición da campaña Bicos coa túa lingua. O obxectivo expresar en galego o amor e a
amizade. Aprendemos dos mellores un feixe de músicos galegos e portugueses que
lle cantan ao amor nese fermoso proxecto que se chama CORASONS (publicado por
Kalandraka) inspirándose nas fotografías da portuguesa Isabel Leal, que nos
ensinan que o mundo que nos rodea está cheo de corazóns se sabemos atopalos. Podedes
velos actuar en directo en Vigo, no auditorio do concello, o xoves 14 de
febreiro
quem ve coraçoes from
lingualiza on
Vimeo.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?