Mensaxe da directora xeral da UNESCO, Irina
Bokova, con motivo do Día
Internacional da Lingua Materna.
As linguas locais para a cidadanía mundial: a ciencia en primeiro plano
21 de febreiro de 2014
Desde hai 14 anos, a UNESCO e os seus asociados celebran o Día Internacional da Lingua Materna.
En todo o mundo organízanse actividades, conferencias, concerto s e seminarios para axudar as
persoas a explorar a importancia da diversidade lingüística e do plurilingüismo.
En todo o mundo organízanse actividades, conferencias, concerto s e seminarios para axudar as
persoas a explorar a importancia da diversidade lingüística e do plurilingüismo.
A protección e a promoción das linguas maternas son esenciais para a cidadanía mundial e para lograr
un auténtico entendemento mutuo. Entender e falar varias linguas facilita a comprensión da riqueza de
interaccións culturais do noso mundo. O recoñecemento das linguas locais permítelle a un maior
número de persoas facer oír a súa voz e participar activamente no destino colectivo. Por iso é polo
que a UNESCO fai todo o posible por contribuír á coexistencia harmoniosa das 7.000 linguas que se
falan no mundo.
Este ano facemos especial fincapé no lema «As linguas locais para a cidadanía mundial: a ciencia en
primeiro plano», a f in de mostrar ata que punto as linguas garanten o acceso ao saber, á súa
transmisión e á súa pluralidade. Contrariamente á crenza común, as linguas locais son totalmente
capaces de transmitir as materias científicas máis modernas, as matemáticas, a física e a tecnoloxía.
Recoñecer esas linguas supón tamén abrir a porta a múltiples saberes tradicionais científicos a miúdo
ignorados e enriquecer os nosos coñecementos.
As linguas locais constitúen a maior parte das linguas que se falan no noso planeta no ámbito científico.
Son tamén as máis ameazadas. Coa exclusión das linguas, os seus falantes vense privados do seu
dereito humano fundamental ao coñecemento científico.
Con todo, o achegamento dos pobos na «aldea mundial» fai moito máis necesario o traballo de
comprensión e de diálogo das culturas. Hoxe en día, a norma mundial é o emprego de tres linguas
como mínimo, a saber: unha lingua local, unha lingua de gran comunicación e unha lingua internacional
para comunicarse tanto no plano local como no mundial. Esta diversidade lingüística e cultural é quizais
a nosa maior oportunidade de cara ao futuro: para a creatividade, a i nnovación e a inclusión. Non a
desaproveitemos.
O Día Internacional da Lingua Materna contribúe desde hai máis dunha década a poñer de relevo as
múltiples funcións que teñen as linguas para a formación do espírito no sentido máis amplo, así como á
construción dunha cidadanía mundial onde cada persoa dispoña dos medios reais para contribuír á vida
e aos retos da sociedade. Convido o conxunto de Estados Membros da UNESCO, a Organización
Internacional da Francofonía asociada a este Día en 2014 , os axentes da sociedad e civil, os
educadores, as asociacións culturais e os medios de comunicación a facer realidade esta promesa de
diversidade lingüística en prol da paz e do desenvolvemento sustentable.
Irina Bokova
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?