Un grupo de oito
alumnos e alumnas de 4º da ESO, divididos en dous grupos, volvemos participar
por segundo ano consecutivo no Parlamento Xove, unha actividade organizada pola
Dirección Xeral de Xuventude, cuxo obxectivo é promover o diálogo e a oratoria
entre o alumnado, así como desenvolver outras moitas competencias no alumnado
participante.
O tema que nos
propuxeron foi: “Sofren as novas xeracións un retroceso sexista e na tolerancia
ás diferenzas persoais?” A documentación que recollemos foi moi extensa e
variada: artigos de prensa, estudos estatísticos, libros publicados... Variados
foron tamén os temas nos que baseamos as nosas argumentacións: a violencia de
xénero en adolescentes, a situación actual da muller -centrándonos nos ámbitos
laboral e doméstico-, o uso das redes sociais vinculado aos estereotipos, a
propia existencia de estereotipos e a súa transmisión aos máis novos. Foi un
traballo duro e constante de procesamento de datos, de elaboración de discursos,
de perfeccionamento da oratoria, de debates internos e discrepancias, de
conversas ledas e animadas, de moitos nervios, de momentos frouxos... De moita,
moita ilusión.
Non gañamos o
Parlamento Xove -ambos grupos quedamos xusto na metade da táboa-; o que si
gañamos foi a dominio do galego falado no rexistro culto e a guerra interna
contra iso que nos impide falar cara a un público; e gañamos tamén moitas,
moitas vivencias.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?