Respondendo á invitación da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), celebramos o día de Rosalía, hoxe 24 de febreiro, pintando os seus versos na rúa, no muro exterior do noso instituto para que o alento da súa voz se faga presente entre a cidadanía.
O noso grafiteiro Miguel Millara Crispín que cursa en Rodeira 2º de Bacharelato, deu vida ao nome de Rosalía cun artístico grafiti que reclama a atención dos transeúntes a carón do portal da entrada.
Cada grupo da ESO escolleu un poema de Rosalía que traballou na aula "grafiteando" logo un dos seus versos.
Así de colorido quedou o noso muro.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?