Como manda a tradición do instituto, preparamos
coplas en galego criticando aos profes e tamén os problemas sociais e enchemos
de cores o patio coas nosas comparsas. Especuladores, manifestantes e policías
escenificaron a problemática dos desafiuzamentos; un equipo de fútbol con
xogadoras mulleres e animadores homes invitounos a reflexionar sobre o tema da
igualdade; resucitamos a Mikel Jacson e a diferentes personaxes de conto e superheroes; tampouco faltaron os socorridos pixamas e as
batas brancas, este ano para un grupo de pintoras. O profesorado escolleu a
cicloxénese explosiva que non nos deixa nin na meteoroloxía nin no ensino.
Houbo festa rachada e premios para todos os que a fixeron posible cos seus
disfraces e coplas.
15 years ago
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?