1.5.18

PREGUNTÁNDONOS POLA NOSA IDENTIDADE

Achégase a celebración das Letras Galegas e, inspirándonos na vida de Mª Victoria Moreno, queremos buscar os fíos que nos unen e que nos definen como galegos e galegas aínda que, coma ela, nin sequera nacésemos en Galicia. Así que o centro foise enchendo de fíos de cores que nos levan a diferentes retratos desta autora que definiu a súa relación con Galicia como unha historia de amor, marcada por asumir o galego como a súa lingua habitual. Nas diferentes aulas buscaremos a nosa identidade nas palabras da terra, da flora e da fauna, do mar, da toponimia, da comida, dos sentimentos, da loita... e as entrelazaremos nos fíos de cores. E como xa é tradición, prepararemos galletas, este ano con formas de letras.


 

No comments:

Post a Comment

e ti que dis?