10.5.18

ANAGNÓRISE NO TEATRO

Hoxe o alumnado de 3º e 4º da ESO fomos ver ao Auditorio a representación dunha novela de MªVictoria Moreno que leramos previamente na clase. Foi unha experiencia interesante que a maioría vivimos por primeira vez: ler un libro, imaxinar como se podería levar esa historia ao teatro e logo ver como o fixo Limiar Teatro. Gustounos moitísimo. Foi unha forma bastante especial de achegármonos a autora que se homenaxea este ano nas Letras Galegas.

 

No comments:

Post a Comment

e ti que dis?