Gran éxito do Correlingua que, un ano máis, convocou en Bueu ao alumnado de todos os centros do Morrazo para celebrar que o galego é a nosa lingua.
É alí estivo o EDLG de Rodeira para gozar desta festa. Porque A LINGUA NON PARA e nós tampouco. A mañá deu para todo: axudamos aos máis cativos a facer un fermoso mural de cunchas, xogamos con eles a ra, aos bolos e aos aros, marchamos e berramos pola lingua, aplaudimos o manifesto, bailamos ao son de Radio Bulebule de Paco Nogueiras e compartimos os xogos populares da Asociación de Bueu Os Corredoiras con compañeiros e compañeiras do IES Johan Carballeira e o IES María Soliño. O que se di unha mañá ben aproveitada!!!
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?