Invitados a conmemorar o Día
Internacional do Teatro, o alumnado de 2º da ESO participamos no obradoiro “A
lanterna máxica”, proposto pola Asociación Juan Casaveteiro de Estaca de Bares.
Mesturamos literatura, teatro e cine con vistas á realización de material
audiovisual e da filmación dun vídeo. Toda unha experiencia de
improvisación, nervios e risas.
Queremos agradecer á Biblioteca Municipal
Central de Cangas ter contado co IES de Rodeira para participar neste obradoiro
que se inclúe dentro do programa “Ler Conta Moito” da Xunta de Galicia.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?