Unha vez máis os veciños e veciñas da comunidade de montes de Coiro contaxiaron co seu entusiasmo o amor pola natureza e o traballo comunitario ao alumnado de 1º da E.S.O. De xeito totalmente altruísta están a colaborar co profesorado na transmisión ao alumnado máis novo de valores ecoloxistas, solidarios, comprometidos, cooperativos...desde hai xa catro cursos.Esta vez a actividade consistiu na plantación de 30 árbores de especies autóctonas no lugar chamado "chan de loureiro".
Dividímonos e cada grupo foi cun membro da Comunidade de Montes que foron os nosos guías. Explicáronnos os tipos de plantas e se se podían comer ou non. Vimos moitos insectos, ras, millóns de cágados… Atopamos uns nunha poza que se estaba secando. Entón collémolos e levámolos a unha fonte próxima. Había unha morea!. Tamén atopamos distintos tipos de rochas e minerais como o cuarzo, o granito… Pareceume unha excursión xenial, moi produtiva.
Puidemos observar tamén o lixo
que algunha xente porca tira no monte sen decatarse do moito que contamina.
Atopamos un moble con cristais que
podían facer efecto lupa e provocar un incendio, un perigo. Tamén un
radiocassette, un cubo de plástico, pneumáticos… Manolo, o noso guía, explicounos que a xente
é unha inconsciente ao facer iso. Se
custa máis levala ao monte que ao contedor do lixo! Un escándalo.
Encantoume compartir as tarefas:
todos e todas cavamos, regamos, collemos abono e pisamos a terra. E tamén recitamos
poesía: versos de Manuel María e Bernardino Graña. Unha vez máis as persoas da
Xunta de Montes de Coiro aprendéronnos o que é facer comunidade. Despois de superar distintos atrancos
conseguiron preparar os terreos para repoboar con especies autóctonas. Nós
tivemos a sorte de poder acompañalos a plantar freixos, carballos,
castiñeiros... Agardamos que ao medraren formen o bosque da fala porque nisto é
no que se converte para nós cada ano que compartimos paseo, nun lugar onde
escoitamos palabras esquecidas para recuperar. Plantamos árbores si, e
plantamos lingua tamén, cando limos o poema do noso poeta e poeta do mundo,
Bernardino Graña, Brinde da fraga amiga,
porque xunt@s faremos triunfar a alegría.
Ao regreso realizamos un fermoso mural no que reproducimos un gran carballo e toda a vida que hai ao seu redor.
Ao regreso realizamos un fermoso mural no que reproducimos un gran carballo e toda a vida que hai ao seu redor.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?