Porque
Pachín si que falaba. Á súa maneira. Falaba cos ollos, co rabo, coas patas. Eu
entendíao tan ben coma se pronunciase palabras. Non parecía un can. Tiña
entendemento de persoa…
Cando
me deixaban soio na casa, xogaba coel. Corríamos xuntos pola horta coma se
estivésemos abourando coellos. Dempóis sentabámonos ó pé da cerdeira grande. A
min esbarábame o suór polas fazulas, e Pachín folguexaba de présa, coa língoa
fóra. (…)
Cando
o vin sen alento, estarricado entre
unhas queiroas, non quería dar creto aos meus ollos. Como soño tantas
cousas, pareceume por un instante que estaba a soñar; que non era certo. Pero
non soñaba. Pachín morrera. Caíra na trampa que fora arranxada para o raposo.
Tróuxeno
do monte. Cunha legoña abrín na horta un burato fondo, alongado, e deille terra
ó seu corpo. Coido que chorei. Non me avergoño de decir que chorei. Funo
acochando á xeitiniño coa terra fresca. Coma se o cobrise cunha manta.
A
xeito de lousa prantei unha cerdeira derriba do meu amigo. Cando abrollou coidei
ver en cada gromo un ollo ou un dente de Pachín. E pareceume que dende as
raíces chegaban uns ladriños agarimosos.
Neira
Vilas.Memorias dun neno labrego
------------------------------RASPUTÍN
Estaba
tirado no chan, parecía estar morto. Fun correndo onda el para ver que
sucedera. Entón dinme conta de que
estaba vivo, sen pelaxe, coa pel arrincada e feridas e costras por todas
partes. Ao pouco, decatouse de min. Miroume con cara de estar pedindo axuda.
Apenas podía respirar e pensei que tería que prepararme para o peor.
O
meu can era un can especial, non porque fose máxico ou poderoso senón todo o
contrario. Era especial porque cando tiña sete anos o atopara abandonado,
maltratado e ferido, ao lado dun contedor de lixo. Case non podía respirar e
parecía estar nas últimas cando o levei ao veterinario do lado da miña casa. A
enfermeira era moi amable e sempre me daba galletas. “Pobriño, que che
fixeron?, exclamou cando lle levei o can. Púxose a traballar e mandoume volver
ao outro día.
Rasputín
foi vivir con nós. Ao principio custoume convencer os meus pais pero
mostráronse moi orgullosos de min cando lles contei que fora eu quen o atopara
e o levara ao veterinario, así que me deixaron adoptalo. A xente do veciñanza e
os amigos e familiares desprezaban a Rasputín. Non querían entrar na casa por
se lles contaxiaba pulgas ou a rabia. Sempre houbo desprezo. Sei que meu pai e
miña nai pensaron en devolvelo pero non sabían como convencerme. Xamais
permitiría que me separasen do amigo que me espertaba todas as mañás, co que
paseaba pola praia antes de ir ao colexio. Corriamos xuntos e logo dabámonos un
baño no mar coa auga xeada e poñiámonos a ver as estrelas daquel ceo que
compartía cada tarde co meu mellor amigo.
Un
día calquera Rasputín espertou enfermo. Eu fun erguer da cama aos meus pais e
levámolo ao veterinario. Intentaron todo o que puideron pero a morte o
perseguía e non puido máis. Morreu ese día e eu caín en depresión. Estiven
moitos anos cavilando, preguntándome por
que sucedera aquilo. Fun comprendendo que a morte forma parte da vida e
consolábame pensando que agora estaría nun lugar mellor.
Hoxe
xa son maior. Levo catro anos no instituto e teño outra xente importante na
miña vida. Xa apenas penso en Rasputín pero ás veces cavilo no que aprendín con
el: a ver a luz na escuridade e a comprender a vida e a amala, sobre todo o
momento do agora que nunca máis podes volver vivir.
Ían,
2º ESO A
------------------------
ALGA
Non
sei se o ceo existe pero eu quero que Alga estea no mellor sitio, que sexa
feliz. Para min foi como unha irmá un pouquiño peluda. Ás miñas amigas dáballes
un pouco de medo. Eu non o entendía. Boto moitísimo de menos a miña cadela. Era
tan boíña… Aínda lembro o día no que trouxemos a casa unha gatiña. Non sabiamos
se se levarían ben pero,en canto Alga a veu, deulle acubillo entre as súas
patiñas e coidou dela coma se fose filla súa. Tamén teño gravado na mente un
día que estaba na casa dos meus curmáns e souben que a miña cadela tiña cancro.
Os últimos días da súa vida estaba tirada na cociña e tiñamos que darlle auga
por unha xiringa. Alga foi a mellor cadela da historia e sempre a levarei no
corazón.
Candela,
2º ESO B
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?