Ao rematar o segundo trimestre, os equipos de dinamización fomos convocados para unha misión
moi especial: tiñamos que custodiar o prezado tesouro da nosa lingua desde
Rodeira ata Santa Marta e de regreso ao instituto. Polo camiño tivemos que
superar difíciles probas que puxeron a proba a nosa valía e nos deron as armas
necesarias para superar con éxito a misión. Fomos escollidos entre os mellores
e de nós dependía a supervivencia dese tesouro que habiamos levar connosco. Os cabaleiros e cabaleiras convocados a tan difícil reto fomos chamados un por un e contestamos con forza GALEGO-GALEGA, asumindo a identidade que nos
une ao tesouro que xuramos defender erguendo a man dereita e
pronunciando o xuramento sagrado: EU FALO GALEGO.
Organizámonos en
pequenos comandos para algunhas probas nas que precisamos actuar
discretamente e sen sermos localizados.
1ª proba. Na Praza das Pontes.
Unha das armas que mellor protexeu o
tesouro da nosa lingua foi a CONVERSA. Prohibiron os libros, prohibiron o
galego na escola pero non puideron pechar a boca da xente que seguiu
conversando en galego na casa, cos veciños e cos amigos.
Por iso na primeira proba tivemos que utilizar esta
poderosa arma da conversa. En grupos de dous ou tres tiñamos que conseguir que a xente da rúa nos falase en
galego. Para despistar aos inimigos diciamos que estabamos a facer un traballo
para clase sobre a EMIGRACIÓN. Preguntamos se emigrou alguén da súa familia,
cando, a onde, cales foron as causas… E anotamos nun caderno o que nos ian dicindo. Se nos dabann permiso, podiamos facer fotos. Logo demos
as grazas como cabaleiros ben educados.
Á hora acordada tiñamos que estar na
estación marítima, onde se colle o barco, e logo, todos xuntos iremos co noso
tesouro ata o dique. Alí utilizamos a arma da conversa para contar a
información recollida e avaliar a presenza do tesouro da lingua na xente de Cangas.
O resultado foi bastante positivo aínda que a xente maior sorpréndelle oirnos falar en galego.
Ao rematar esta primeira proba gañamos o noso primeiro trofeo de
grupo, unha pequena buxaina de cores, un símbolo de que a lingua precisa de nós para estar en movemento, para que lle deamos vida ao
noso arredor.
2ª proba. En
Massó.
Tivemos que demostrar os nosos coñecementos sobre un dos patrimonios que mellor identifican Cangas: a vella fábrica de Massó.
3ª proba. Na lagoa da Congorza.A forza da natureza é outra das armas que protexen o tesouro dnosa lingua pois Galiza non podería ser sen lingua pero tampouco sen verde nin auga. Por iso a segunda proba foi na lagoa da Congorza e consistiu nunha carreira de relevos bastante especial. Fixemos tantas fileiras como equipos. Ao primeiro cabaleiro ou cabaleira entregóuslle unha arma (pistola de auga) coa que se introduciu no territorio sagrado en busca da auga máxica da Dama da Lagoa coa que tivo que ir enchendo unha botella que sostiña o seguinte que tiña que correr. Logo a arma pasou ao seguinte e así ata que todos e todas se achegaron á lagoa e cobseguiron enchela. Logo buscamos algunha especie de flora autóctona para regala coa auga máxica tendo moito coidado con non regar as especies invasoras!!! Menos mal que levabamos as profes de ciencias.

Cando superamos a proba fomos
condecorados como amantes do natural, protectores do noso medio natural e
lingüístico ( cunhas pinciñas con motivos de flora e fauna)
4 ªproba. No túnel.
O camiño volveuse un túnel tenebroso
e escuro e daba medo avanzar. Para espantar o medo a mellor arma é a MÚSICA.
Pensamos unha canción para cantar en galego e berrámola forte no túnel para
conseguir unha lanterna que iluminou
os nosos pasos.
Sentímonos
felices de chegar á nosa meta traendo con nós o tesouro da lingua. Puidemos repoñer forzas. Pero aínda quedaba unha proba final. Os maiores fixemos un concurso de chimpos e os pequenos fixeron voar papaventos tan alto como
desexamos o futuro do galego.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?