6.3.18

ATRÉVETE A ROMPER ESTEREOTIPOS. LOITA POLA IGUALDADE.

Celebramos o 8 de marzo, día da muller, homenaxeando a todas as pioneiras galegas, as mulleres que souberon saltar barreiras e esixir os mesmos dereitos dos que gozaban os homes. Elas son o noso modelo a seguir: Exeria, a primeira escritora; Isabel Barreto, a primeira almiranta; MªLuz Morales, primeira directora dun xornal; Olimpia Valencia, a primeira doutora; Isabe Zendal, a primeira enfermeira en misión internacional; Sofía Casanova, a primeira correspondente de guerra; Irene González, a primeira futbolista; Aurea Rodríguez, a primeira gaiteira; Celia Rivas, a primeira condutora de camións, Angeles Mouriño, a primeira científica nun buque de investgación internacional; Marcela e Elisa, a primeira voda entre mulleres. Realizouse unha exposición no centro e puidemos ir pescudar nela para facer logo exposicións orais.



Tamén plastificamos carteis coas cen mulleres galegas pioneiras en diferentes campos  recollidas nun pdf da Consellería de Educación e colgámolas das árbores da alameda de Cangas para contribuír a dar a coñecer á sociedade as referentes que unha historia tradicional contada e protagonizada por homes nos tivo agochadas.





Desde o departamento de matemáticas colaboraron na celebración do Día da Muller dando a coñecer mulleres matemáticas que realizaron importantes contribucións ao longo da historia.

 

No comments:

Post a Comment

e ti que dis?