Este é o reto que nos propuxeron ao alumnado de 4º. Achégase o 8 de marzo e hoxe atopamos a fachada do instituto chea de mandís,
a entrada do instituto convertida nun cuarto dunha casa, con cama e todo, e un gran cartel chamando á corresponsabilidade nas tarefas domésticas e moitas fotos de profesores e alumnos realizándoas nas súas casas.
E logo viñeron á clase para propoñernos participar nunha xincana na que deberiamos demostrar que xa superamos as discriminacións tradicionais que relegaron á muller e á lingua galega e as pecharon na casa superando unha serie de probas:
tender e pasar o ferro,
coser un botón,
arrombar un cuarto facendo a cama e limpando,
facer unha torta de chocolate,
e colocar un colgadoiro empregando un trade e un desparafusador.
E sempre falando en galego.
Saiunos xenial, sobre todo a torta que comeremos mañá.
Superamos o reto e estamos dispostas e dispostos a loitar pola igualdade no ámbito doméstico e tamén no social e no laboral.

No comments:
Post a Comment
e ti que dis?