Fieis ao noso compromiso cos veciños e veciñas do Hío, quixemos darlle voz un ano máis para concienciar a todo o alumnado da importancia de manter unha tradición, a do seu Entroido, que se está a ver ameazada pola invasión de xente que entorpece o seu desenvolvemento e está a por en perigo a súa continuidade.
Unha primeira reflexión ten que ver coa cuestión económica. Toda a rapazada de Cangas quere estar no Entroido do Hío pero pouca se parou a pensar que hai comisións de veciños e veciñas organizando que precisan de moitos cartos para poñer todo en funcionamento.
Piden tamén que sexa respectado e valorado o laborioso traballo previo de montar os arcos, que marcan a entrada en cada aldea, e os palcos, onde tocan os gaiteiros e onde se dan os vivas.
Están a facer un grande esforzo por explicar á xente nova como é o protocolo de desenvolvemento, especialmente o luns e o martes, os días en que a asistencia é masiva. A ignorancia da xente interrompe o normal desenvolvemento da festa que precisa de espazo para facer un corredor, á chegada a cada aldea, para deixar pasar en primeiro lugar á comparsa que é desa aldea que baila nunha gran roda despois de que o presidente ou presidenta dea os vivas desde o palco. Por iso ese espazo non pode ser invadido.

É a súa festa, a festa de encontro dos veciños e veciñas das cinco aldeas do Hío. Todos e todas estamos invitados a compartir a súa alegría pero respectando a esencia da súa festa. Non é moito pedir! É de xustiza respectar o seu traballo, garantindo así a supervivencia dun entroido tan especial!!!
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?