O noso Entroido máis coñecido, o do Hío, quixo irmanarse este curso cun dos Entroidos máis tradicionais de Galicia, o Entroido de Laza. Debémosllo a Nerea, unha profe que chegou este ano ao instituto para ensinar inglés, unha rapaza nova orgullosa das súas raíces, do galego que fala e do que nunca renegou por máis que coñeza outras linguas, e do seu Entroido máis tradicional do que participa activamente con toda a xente do seu pobo. Acompañouna o seu curmán e xuntos explicáronnos onde está Laza e as orixes desta tradición:
Logo falaron de cal é en Laza o tempo do Entroido, explicando as diferentes celebracións:
E, por último, mostráronnos como é a vestimenta dos peliqueiros e mesmo algúns tivemos a sorte de probala.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?