Achégase o Día de Rosalía e, como cada ano, queremos responder á chamada da Asociación de Escritores en Lingua Galega que nos invita: #AbrideAFiestra. Xa estamos construíndo a nosa fiestra. Preparade os vosos poemas favoritos e vinde abrir a fiestra e recitar a Rosalía.
Manifesto
ABRIDE A FIESTRA Día
de Rosalía de Castro 2018
Nun mundo de fiestras pechadas, buscamos o refacho de vento que as
abra de vez. Nun mundo que busca facer as comunidades e as persoas
máis pequenas, os cartos e a cobiza máis grandes, precisamos forza
e profundidade, emoción e pensamento. Ante as fiestras pechadas
contra a vida, contra as voces das mulleres, das desprazadas e das
nosas outras cómprenos unha palabra firme e abranguente que nos
guíe. No bater das fiestras que cheiran a couza do pasado, a
mentiras que repetidas mil veces queren chegar a ser verdades, a fala
que se nos rouba e aire que nos falta precisamos a bravura das mareas
e o salvaxe das montañas. Precisamos todo do que falou e todo o que
foi Rosalía de Castro.
Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a redefinilos como literatas. Un refacho que trae a voz de todas as meniñas gaiteiras que están por chegar. Un refacho que canta a vida e transforma todo dende as raíces.

Mais para que o refacho entre, precisa da nosa vontade. Pídenos,
imperiosa: Abride a fiestra!
E na nosa man está abrir a fiestra. Abrila para vermos a muller, a
escritora, a irredutible. A voz que nos une ás rebeldes do mundo,
que fascina coa súa luz por onde pasa, que nos ofrece a súa
clarividencia para tecermos novas alianzas, a que sempre está do
lado da xustiza, do noso lado, a que sempre está aínda por
descubrir. Porque en todos os recunchos do mundo, mais sobre todo
aquí, en Galicia, hai rosalías que cantan e que falan, alancando
con brillantes e destemidas botas azuis entre a lama.
Rosalías que abrimos a fiestra saíndo á rúa contra o espolio da terra que ela cantou, ecolóxica antes de que existise nin o termo. Cada vez que nos negamos a seguir converténdonos en plantación de eucaliptos, minas, xeriátrico e mercadoría, reivindicando a paisaxe que ela utilizou politicamente coma ninguén. Cada vez que pulamos polo público, a sanidade, o transporte, as axudas a quen está na marxe e ela puxo sempre, dende o afecto e a transgresión, no centro. Cada vez que desfacemos o discurso que sustenta a violencia de tantos Pedros mediante a escrita e a acción feminista, contra todos eses que seguen ladrando mentres nosoutras camiñamos.
Abride a fiestra para as viaxes interiores, para a coraxe dos afectos, para sermos das que non temos medo de pensar e de sentir simultaneamente, de recoñecernos mulleres con palabra e voz propia, herdeiras e compañeiras daquela que en cada dedicatoria se recoñecía nas súas iguais.

Abride a fiestra á afouteza e ao abraio, á redefinición do que a
historia dos homes fixo de mulleres irreverentes coma ela.
Abride a fiestra porque Rosalia de Castro é o mundo que está por
facer. Un mundo que se abre se o abrimos.
María Reimóndez
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
#AbrideAFiestra
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
#AbrideAFiestra
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?