O último día do
trimestre, como xa é tradición, todos os equipos do EDLG xuntámonos para gozar
dunha festa con música en galego. Cada equipo presentou un videoclip para
presentarse e logo invitar a todos e todas a cantar e bailar. 1º da ESO
triunfou co rapeado da canción gañadora do Correlingua do curso pasado: O
GALEGO É DE TODOS E TEU TAMÉN.
2º da ESO realizou un
divertido vídeo musical da canción Quero ver como te ris de MEDOMEDÁ.
3º da ESO non deu feito e
castigámolos a saír ao escenario e facer algo en directo para presentarse.
4º da ESO fíxonos moitas
ganas do verán con Fai sol de TERBUTALINA.
O alumnado de Bacharelato
escolleu o tema Terra de DAKIDARRIA e fixo unha versión achegándoo á
realidade de Cangas.
O profesorado tamén
participou bailando o tema de LAMATUMBÁ: Camiños.
Pasámolo xenial. E ao
final, compartimos uns petiscos. Que máis se pode pedir?
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?