Hoxe tivemos unha nova sesión do
club de lectura Vaidelibros, aberto a toda a comunidade educativa. A obra
escollida foi esta vez As almas grises,
unha tradución da obra do escritor Philippe Claudel , que foi elixido Libro do
Ano polos libreiros franceses e a revista Lire , ademais de ter recibido o
Premio Renaudot. Aínda que existe a
tradución ao galego e ao castelán, desde a biblioteca repartíronse exemplares
en galego para fomentar a lectura na nosa lingua da literatura universal.
15 years ago
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?