Non pode haber igualdade nin xustiza senón é polo camiño dos dereitos
humanos. No mes de decembro, o alumnado de 2º traballou desde a materia de Educación para a cidadanía na elaboración
dun fermoso libro que recolle a redacción dalgún dos "dereitos
humanos" tomados de distintas fontes así como textos alusivos aos mesmos e
imaxes que ilustran o seu contido. Fixeron unha presentación oral do traballo na biblioteca onde quedou gardado o libro para que o poidades ver.
E empregamos unha vez máis a nosa lingua e o lema do proxecto do EDLG para encher os corredores do 1º andar de mensaxes a favor dos dereitos humanos para todos e todas. Tras a súa lectura en galego nas horas de titoría, cada alumno ou alumna escolleu o que lle parecía máis necesario reivindicar para encher tiras de papel co lema que se colgaron con pinzas nun longo tendal.

No comments:
Post a Comment
e ti que dis?