O mércores 11 de novembro alumnado de 2º da ESO e FP Básica fomos ao
Instituto Galego de Consumo e Publicidade en Santiago. Ao longo dos corredores
había vitrinas con produtos retirados do supermercado. Dividíronnos en grupos
para facer obradoiros. Na aula había un supermercado virtual. Primeiro reflexionamos, a través de xogos,
sobre a súa estrutura e sobre como chegan alí os produtos. Pero a mellor parte
foi comprar de mentira no súper e deseñar un novo produto cunha caixa e un
rotulador. O segundo obradoiro foi moi divertido. Dividiron o grupo. Dous saían
fóra onde lles explicaban que tiñan que seguir a parella que quedara dentro que
estaban a facer a compra con diñeiro de mentira e facerlles unhas preguntas. Tamén
fixemos un obradoiro sobre videoxogos. Explicáronnos o sistema PEGI de
clasificación por idades. Despois deseñamos un ficticio e tivemos que explicar
en que consistía. Pasou o tempo
voando. Ao rematar fomos ao centro comercial e tivemos tempo para comer e ver
tendas. Foi unha excursión moi interesante
e xa lle estamos a tirar proveito aos coñecementos adquiridos nos
distintos xogos. Recomendamos esta excursión porque se aprende sobre consumo e
publicidade de xeito divertido e didáctico.
15 years ago
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?