29.5.20

PREMIOS YOUTUBEIR@S 2020

Os Premios Youtubeir@os, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, abren este mércores o prazo de inscrición para a súa cuarta edición que inclúe cambios significativos nas súas bases e un incremento da dotación económica dos galardóns, que pasa dos 6.500 euros de 2019 a 7.500 euros para repartir nas doce categorías.

Estes galardóns buscan animar á creación de vídeos con temáticas e formatos diversos, desde vídeos de deportes, viaxes ou videoxogos ata vídeoblogs políticos ou vídeoconsellos de moda. Ao mesmo tempo, perseguen dar visibilidade tanto á produción en galego como á comunidade creadora e 'Expandir a Rede', como versa o lema deste ano.

O concurso está aberto a todas as persoas maiores de 14 anos con canles e/ou vídeos en galego, autoproducidos, subidos a Youtube e que estean publicados con data posterior ao 27 de setembro de 2019. No caso de presentar unha canle, esta debe conter polo menos cinco vídeos, en galego e realizados con posterioridade á mesma data.




No comments:

Post a Comment

e ti que dis?