28.5.20

LIBROS GALEGOS NA LISTA DE HONRA 2019 da OEPLI

A Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) acaba de facer público o seu catálogo 2019. Esta selección dos 200 mellores títulos destinados a estes públicos editados ao longo do pasado ano recolle unha importante selección de obras galegas. Segundo apunta a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, estas "son obras que obedecen a criterios de calidade e idoneidade, o que as fai merecedoras de formar parte desta lista de honra por seren consideradas significativas dentro da gran produción existente". O blog Rede Lectura lista un total de 21 obras seleccionadas na nosa lingua, ás que se suman outras nove que, aínda que escolleitas para o catálogo noutros idiomas están tamén dispoñibles en galego.


0-6 anos
O país do gran furado. Xerardo Quintiá . Baía Edicións
O veleiro verde. María Fumaça. Editorial Galaxia
Ola! Son un bicho bóla! Elvira Ribeiro. Apiario
Ratos de viaxe. Oli. Kalandraka

A partir de 6 anos
A que cheiran as cores?A esperada guía para coñecer o cerebro. Juan Casto Rivadulla. Editorial Galaxia
Os nosos bosques. Diego García et alii. Miudiño S. Coop. Galega
A pequena compaña. Carlos Labraña. Edicións Embora
Bicos e non balas. Antonio García Teijeiro. Editorial Galaxia

A partir de 9 anos
Lúa en ningures . Beatriz Maceda Abeleira. Xerais
Noé e gato fan teatro. Gloria Sánchez. Oqueleo
Pioneiras 2.Galegas que abriron camiño. Anaír Rodríguez. Xerais
Somos os monstros. Paula Carballeira. Xerais

A partir de 12 anos
Conta nove estrelas .Andrea Maceiras. Xerais
Xelís, o guieiro das botellas do mar. Rosa Aneiros. Xerais

Xuvenil
Be water. Antía Yáñez. Cuarto de inverno
Memoria do silencio. Eva Mejuto. Xerais
O grupo. An Alfaya. Xerais
O home que mercou un libro. Paco Martín. Editorial Galaxia
Os corpos invisibles. Emma Pedreira. Xerais
Parece unha formiga. Pablo Otero. Kalandraka
Penumbra. Daniel Landesa. Xerais

Tamén hai libros que se poden ler no orixinal ou na tradución ao galego, aínda que fosen seleccionados noutra lingua:

0-6 anos
Distinta. Beto Valencia. Kalandraka
O pirata valente. Ricardo Alcántara. Kalandraka
Animais. Antonio Rubio. Kalandraka

A partir de 6 anos
Bechopoemas e outras bestas. Leire Bilbao. Kalandraka
O home que contaba estrelas . Arturo Abad. OQO
Versos e viceversos . Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martín Ramos. Kalandraka

Xuvenil
Iridium . Francisco Castro. Editorial Galaxia
MedoCare Santos. Edebé

No comments:

Post a Comment

e ti que dis?