1.4.20

OS BURRIÑOS DO 1 DE ABRIL TAMÉN DERRUBAN FRONTEIRAS

Sabías que hoxe é o noso día das bromas? Se levas tempo no IES de Rodeira, seguro que si. Cada ano lembramos esta nosa tradición, diferente a do Estado español que celebra o 28 de decembro e común a Portugal e Brasil. Niso somos moi europeos xa que o 1 de abril  celébrase tamén en Alemaña, Reino Unido (April Fool´s Day), Portugal, Polonia, Italia, Austria, Finlandia ou Francia (Poisson d´avril); e tamén en Estados Unidos e Australia, igual que en Galiza, o día dos trucos, do engano, das brincadeiras, é o 1 de abril. Así o asegura o refrán galego: “O un de abril van os burros onde non deben ir” que figura nos adhesivos conmemorativos que o EDLG do instituto reparte sempre por esta data e que hoxe saen no xornal Nós diario. Tamén saímos á rúa outros anos preguntarlle á xente que nos contou moitas historias de como de nenos lle tomaron o pelo mandándoos levar varios quilómetros paquetes que, ao chegar ao seu destinatario, resultaron ser ladrillos, por exemplo.


Practiquemos o portugués descubrindo cal é a orixe desta celebración.


Origem do Dia das Mentiras
O Dia das Mentiras surgiu por brincadeira na França, no reinado de Carlos IX. Nessa época, o ano novo era comemorado a 25 de março, com a chegada da primavera. As festas, que incluíam troca de presentes, duravam uma semana e terminavam a 1 de abril.


Em 1564, com a adoção do calendário gregoriano, o rei decidiu que o ano novo deveria passar a comemorar-se a 1 de janeiro. Alguns franceses não aceitaram a mudança no calendário e continuaram com a tradição antiga. A população que adotou o novo calendário decidiu então brincar com os "conservadores" enviando-lhes presentes estranhos e convites para festas inexistentes. Com o passar do tempo, a brincadeira alastrou-se a outros países da Europa e, mais tarde, para outros continentes.

E agora escoitamos



No comments:

Post a Comment

e ti que dis?