30.4.20

CANTÁDEME UN MAIO



A grave crise sanitaria que estamos a atravesar fai que este ano non poidamos celebrar a festa dos Maios na rúa. Queremos sumarnos ao chamamento para que o domingo, día 3 de maio, se che presta, publiques na rede as coplas (letras ou vídeos cantándoas) e as fotos dos Maios feitos co material que teñas na casa. Emprega o cancelo #CantádemeUnMaio nas túas publicacións. Esa iniciativa quere dar a voz a un elemento da nosa oralidade, da nosa cultura, que pide que non a canceles.


E por se non sabes como facer o maio, aí van estes vídeos explicativos sobre como facer un maio tradicional.


e estoutro por se estás nun piso e non podes saír á natureza, para que o fagas con material de refugallo.


No comments:

Post a Comment

e ti que dis?