4.4.20

DERRUBANDO FRONTEIRAS TAMÉN NAS SERIES

A serie Auga seca convértese a partir deste mércores na primeira serie en lingua galega do catálogo HBO.  A ficción derrubou fronteiras xa que se rodou entre Vigo e Lisboa, en versión orixinal en galego e portugués, producida por Portocabo e SPi --distribuída por DCD Rights--. O 17 de xaneiro estreouse na RTP1 e o 7 de febreiro na TVG e agora convértese na primeria serie galega en incorporarse ao catálogo de HBO España e Portugal, tras a adquisición dos dereitos de emisión. 

É un thriller que vira ao redor de tráfico de armas e as súas conexións co mundo empresarial. Nel, a actriz portuguesa Vitoria Guerra traballa á beira dos recoñecidos actores galegos Monti Castiñeiras e Sergio Pazos como protagonistas. Os actores galegos Eva Fernández, Pomba Saavedra, Santi Romay, Cris Iglesiaas, Adrián Ríos e os portugueses Adriano Luz, Joana Santos, Igor Regala e João Arrais son algúns dos nomes que completan o elenco internacional da serie.




No comments:

Post a Comment

e ti que dis?