Precisamos calzado vello de muller ou de neno ou nena de calquera cor e forma (zapatos, botas, tenis, chanclas, pantuflas...) para a campaña deste ano contra a violencia de xénero. Podedes ir traendo o que teñades por casa.
Sumámonos á campaña iniciada pola artista mexicana Eline Chauvet "Zapatos vermellos", secundada en diferentes cidades europeas, para denunciar a violencia machista e facer presentes ás mulleres asasinadas polas súas parellas e ex-parellas e tamén aos nenos e nenas, poñéndonos nos seus zapatos.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?